O Octavio lévase o derbi

Intenso derbi galego o que se viviu o sábado en Pontevedra e que enfrontaba ao SD Teucro e o Academia Octavio con resultado favorable aos vigueses de 27-30. Grande actuación do equipo vigués demostrando a súa evolución positiva e ser o xusto vencedor dun emocionante partido onde o porteiro Galán tivo unha memorable actuación que impediu a remontada do equipo pontevedrés.

A próxima xornada os académicos recibirán ao Amenabar ZKE de Zarauz (Guipúzcoa). O encontro será o sábado 14 de decembro, ás 18.30 h. no pavillón municipal de As Travesas.