Manel Fernández presentou a Subida ao Castro que nesta edición amplía o seu percorrido

subida_castroO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e Guillermo Janeiro, da organización da carreira, presentaron o luns a oitava edición desta proba de atletismo, que terá lugar este domingo, 15 de decembro. A Subida, unha "homenaxe á orografía da cidade", engade un quilómetro máis ao seu percorrido tradicional.

A edición de 2013 pasa dos dous quilómetros habituais a tres, a petición dos atletas. O traxecto tamén varía, dando unha volta máis no entorno de Montero Ríos, punto de inicio do certame, e pasando pola Pinacoteca municipal en lugar de subir as escaleiras da Segunda República.

A organización agarda para este ano a participación duns 600 atletas, cifra que ven sendo habitual nas últimas edicións dunha carreira que ten á "altitude" como "protagonista".  

Distancia: 3 quilómetros (3000 mts / 135 mts desnivel / 523 chanzos).

Inscrición: 5 €, cunha camiseta de agasallo (aberta ata o xoves, 12 de decembro, en www.magmasports.es) *Gratuíta en categoría benxamín, alevín, infantil e cadete.

Categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesas, senior, veteranos en categorías masculina e feminina.

Horarios:

* Sábado 14 decembro
10:00 - 20:00 Recollida de dorsais e chip.


* Domingo 15 decembro
09:00 - 11:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada Náutico.

12:00           VIII Subida ao Castro
13:00           Entrega de trofeos

Máis información...