Os Halcones de béisbol participan no I Torneo de Nadal en Santiago

O equipo infantil do Halcones de Vigo desprázase, este domingo 15 de decembro, a Santiago de Compostela, para participar no I Torneo Nadal de béisbol en categoría infantil, que terá lugar en San Juan de Calo, Teo, e está organizado polo Club Os Tilos.

Contará tamén coa participación do Club de Cambre de Coruña. O primeiro partido disputarase ás 11 horas, entre o Club Os Tilos contra o Club de Cambre, seguido de Cambre vs. Halcones, e finalmente, Halcones contra Os Tilos.

Este emocionante torneo promete ser un verdadeiro espectáculo, xa que hai pouco os peloteiros vigueses se enfrontaron con grande tesón ao poderoso equipo de Os Tilos e, nesta segunda oportunidade non darán un ápice por sentado para dar o mellor de si mesmos e, se é posible, saír vitoriosos dos partidos.