As Bici Rutas tiveron un broche brillante nun soleado paseo pola Traída da Auga

bici_rutasAs Bici Rutas 2013, organizadas polo Club Cicista Vigués - Autronic,  puxeron punto final ao ciclo de outono cun magnífico percorrido pola Traída da Auga, que se iniciou en O Calvario e foi ata Cedeira (Redondela), para regresar ao punto de partida, despois de cubrir uns 25 quilómetros. A soleada mañá e as continuadas e espectaculares vistas da ría fixeron aínda máis grata a actividade.

Outro nutrido grupo de participantes animouse a participar na última xornada dese ciclo de catro co que o Club Ciclista Vigués-Autronic, en colaboración co Concello de Vigo, buscou unha alternativa de ocio e deporte para as mañás dos domingos, da que vigueses e viguesas poden gozar dúas veces ao ano, en primavera e outono.

As Bici Rutas permiten aos participantes, cun pedaleo sosegado, "perderse" por algúns dos cantos máis singulares da cidade, e manteñen en Vigo unha opción de deporte moderado e en grupo, ao tempo, san e gratificante.

A previsión é que a actividade volva como nos últimos anos en primavera, pero antes o Club Ciclista Vigués, en colaboración co Concello de Vigo e outras institucións, quere despedir en ano coa marcha popular "Bicis non Nadal", a celebrar o 29 de decembro, co obxectivo engadido de conmemorar os 50 anos do Club Ciclista Vigués nos rexistros de , aínda que as raíces da entidade habería que situalas case nos finais do século XIX e, máis especialmente, naquela segunda época dourada do ciclismo vigués na década dos anos 30 do século XX.