Manel Fernández asina o convenio de colaboración con Pizza Móvil, que ofrece grandes descontos a todos os Siareiros

pizza_movilA empresa Pizza Móvil, entra a formar parte da familia de patrocinadores da Fundación Vigo en Deporte grazas ao convenio de colaboración que asinou onte o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, co director de mercadotecnia de Pizza Móvil, Jorge Pallarés.

A nova empresa patrocinadora, comprométese a facilitar un 50% de desconto en pizzas, bebidas e complementos en todos os establecementos adheridos en Galicia coa presentación do carne Siareiros da tempada 2013/2014. Está oferta non será valida para pedidos a domicilio nin online.

Manel Fernández, presidente de VIDE, agradezeu ao director de Pizza Móvil o seu apoio e compromiso co deporte vigués a través da súa colaboración coa Fundación.

www.pizzamovil.es

Sin_ttulo-1.psd