Comeza o Torneo de Nadal Concello de Vigo, con máis de setenta equipos e un milleiro de participantes

200_cartelSetenta e tres equipos de 26 clubs de Vigo, con xogadores en idades entre os 6 e 11 anos, disputan desde hoxe xoves ata o domingo a primeira edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, unha idea da Concellerí de Deportes para impulsar o fútbol base nesta época festiva e que atopou o necesario apoio da Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi).

156 partidos distribuídos entre os campos de Navia (Municipal Pahiño, categoría alevín), Bouzas (Baltasar Pujales, benxamín) e Castrelos (Monte da Mina, prebenjamín) inundarán de fútbol 7 as festas navideñas.

Rexido pola normativa de fútbol 8 da Federación Galega de Fútbol, o torneo abrangue ata os once anos de idade e asegura a participación de máis dun milleiro de nenos e nenas, xa que os equipos poden contar con 14 xogadores.

Este novedoso evento supón tamén un primeiro pulso previo á Vigo Cup de 2014, pois moitos destes equipos veranse as caras naquel torneo, xa no verán.

"A nosa aposta polo fútbol basee é decidida. Sumando as escolas deportivas municipais, de outubro a maio, este torneo de Nadal, o de Reis en Samil, que alcanzará a súa terceira edición, e a Vigo Cup, entendemos que cubrimos as necesidades deste deporte nas idades de formación", sostén Manel Fernández, concelleiro de Deportes.

O fútbol base foi o ano pasado o primeiro receptor da nova medalla de Vigo, presea unificada para os eventos deportivos que se celebran na cidade e que agora tamén terán os participantes na gala final, prevista para o domingo 29 ás 13:15 horas no Multiusos de Navia. Esa mañana xogaranse os partidos polo título e as finais de consolación.

Real Club Celta, Areosa, Casablanca, Victoria, Santa Mariña, Coruxo, Colexio Hogar, Coya, Rápido de Bouzas... Os campións da Vigo Cup nestas categorías non faltan a esta nova cita, que encherá as gradas de afeccionados animosos de aplaudir aos seus mozos xogadores. Precisamente hoxe xoves, a partires das 11:00 horas, o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudirán a Navia para presenciar varios partidos de categoría alevín. A esas horas estarán en xogo o Casablanca-Alertanavia e o Rápido de Bouzas-Moledo, para ás 11:20 horas saltar ao terreo de xogo Candeán e Victoria e Rápido de Pereiró e Coruxo.

Hoxe entran en xogo benxamíns e alevíns, xa que os prebenxamíns comezarán a disputar as súas liguillas clasificatorias mañá venres.

Daniel Costas, presidente de Afavi, amosou a súa satisfacción pola elevada participación de equipos neste torneo, que terá a súa continuidade en Samil do 2 ao 4 de xaneiro co Torneo de Reis que apoia a Fundación VIDE para categorías mini e biberón e o torneo de Afavi os días 3 e 4 de xaneiro na Pirucha (San Miguel) para infantís, cadetes e xuvenís.
Ver máis...