Manel Fernández e Abel Caballero felicitaron a participantes e organización do Torneo de Nadal Concello de Vigo de Fútbol 7

torneonadal_9O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e membros da organización (Afavi) e patrocinadores, acudiron onte xoves a presenciar dous partidos da primeira edición do Torneo Nadal Concello de Vigo 2013, que comezaba na mañá de onte nos campos de Navia (Municipal Pahiño) e Bouzas (Baltasar Pujales), aos que hoxe se unirá Castrelos (Monte da Mina) coa entrada en xogo da categoría prebenxamín.

Setenta e tres equipos de 26 clubs de Vigo, con xogadores en idades entre os 6 e 11 anos (uns 1.100 participantes), disputan desde este xoves ata o domingo a primeira edición do Torneo Concello de Vigo, unha idea da Concellería de Deportes para darlle un novo pulo ao fútbol base na época de Nadal e que atopou o necesario apoio da Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi).

156 partidos distribuídos entre os campos de Navia (Municipal Pahiño, categoría alevín), Bouzas (Baltasar Pujales, benxamín) e Castrelos (Monte da Mina, prebenxamín) inundarán de fútbol 7 as derradeiras datas de 2013.