Sedonas, Hotwheels e Suerte, campiones do I Torneo 3x3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas

amfiv_torneo_solidarioO Colexio Salesianos acolleu este pasado domingo o I Torneo 3 x 3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas, un evento benéfico organizado conxuntamente polo Amfiv, o Club Salesianos e a Asociación Xuvenil Abertal para facer promoción de o baloncesto en cadeira de rodas entre persoas sen ningún tipo de minusvalidez.

Vinte e trés equipos déronse cita nunha xornada lúdica, na que pola mañá competiron as categorías infantil e cadete/junior e pola tarde foi o momento dos senior.

As 9.30 da mañá deu comezo a competición para os máis novos que, tras unha disputada e entretida fase de grupos, afrontaron as semifinais e a grande final a partir das 12.30 horas. Así, con adianto mesmo sobre o horario previsto pola organización, ás 14.00 horas a deputada provincial Marta Iglesias fixo entrega dos merecidos premios aos campións e subcampions. En categoría infantil, o segundo lugar foi para o equipo "Kiwis" mentres que os gañadores foron os "Sedonas" tras un apertado choque que se decidiu nos últimos instantes (13-12). En cadete/junior, a vitoria tamén estivo no aire ata o asubío final pero Hotwheels acabou impoñéndose pola mínima a 3 CBS (6-7).

Na xornada de tarde chegou o momento para os maiores, coa participación en varios equipos de xogadores do primeiro equipo do Amfiv. Os dez conxuntos participantes nesta categoría dividíronse en dous grupos de cinco, pasando os dous mellores ás semifinais. Así, Tranquilo Chulo e Agus Team foron os clasificados do Grupo A e Suerte e Team Mort, os dous primeiros do Grupo B. As semifinais depararon un interesante enfrontamento entre o Tranquilo Chulo do olímpico Bernabé Costas e o Team Mort de Vicky Alonso, con vitoria da internacional e os seus compañeiros do Rías Baixas por 12-16. Na outra semifinal, o Suerte de Lorenzo Envó impúxose con claridade (22-15) ao Agus Team de Agustín Alejos, que tería o consolo de impoñerse na loita polo terceiro e cuarto posto. Na gran final, o Suerte, que o pasado verán se impuxera no II Torneo Amfiv-Basket Integral que mesturaba baloncesto a pé e adaptado, repetiu un guión parecido ao da semifinal e gañou tamén sen excesivos apuros ao Team Mort (9-15) proclamándose campión deste I Torneo 3 x 3 Solidario Baloncesto en Cadeira de Rodas.