Cabecera Vide

Pablo Macías anuncia a súa retirada nunha emocionada rolda de prensa

pablo_macias_despedidaO xogador máis veterano do Academia Octavio, Pablo Macías, con 18 tempadas no primeiro equipo, anunciou onte a súa retirada nunha emotiva rolda de prensa onde estivo arroupado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, o presidente do club vigués, Javier Rodríguez, o presidente da Federación Galega Balonmán, José Luis Pérez Ouro, o adestrador do Octavio, Quique Domínguez; Pedro Posada, patrocinador do equipo académico durante numerosas tempadas e o seu amigo e compañeiro José Ángel Fernández "Cerillo" , ademais doutras personalidades, familia e numerosos amigos.

O xogador vigués comezou no balonmán aos cinco anos, da man do Seis do Nadal. Aterrou no Octavio con 14 e debutou co primeiro equipo apenas dúas tempadas despois, da man de Javier Barrios. Dende 2010 arrastraba unha lesión que o afastou do balonmán as últimas campañas. O seu último partido foi en decembro de 2012.

Manel Fernández agradeceu persoalmente a Macias a súa entrega e dedicación ao deporte durante tantos anos.