Éxito do El Olivo de esgrima no II Ranking Nacional

IMG-20140111-WA0003O club vigués El Olivo de esgrima, disputou a pasada fin de semana o 2º Ranking nacional de esgrima, en Madrid. O equipo feminino revalidou a súa coroa e proclamouse campión de liga da División de Ouro. En categoría masculina, certificou o seu ascenso á División de Ouro para a próxima tempada. En categoría individual Irene Romero logrou subir ao podio na terceira posición.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.