O nº 11.067, vendido polo Club Ciclista Vigués , gañador da viaxe ao Caribe

sorteoO pasado 15 de xaneiro tivo lugar o sorteo da viaxe ao Caribe para duas personas patrocinada por Viaxes Eroski. Como é tradicional, o sorteo, nas instalacións de VIDE no IMD das Travesas, produciuse en presenza de Manel Ferández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, acompañado de Patricia Bernardos, responsable vacacional de Viaxes Eroski.

Esta tempada, os clubs conseguiron 30.000 euros en donativos polas rifas (é dicir, 30.000 rifas vendidas), o que supón máis diñeiro recadado respecto da tempada 2012/13, cando Viaxes Eroski patrocinou a mesma actuación.

O boleto afortunado foi o o 11.067, vendido polo Club Ciclista Vigués. A continuación extraéronse da urna tres números de reserva, por se houbese renuncia do gañador ou gañadora.

O sorteo foi aberto e contou coa presenza dalgúns dos presidentes das Entidades Deportivas que participaron na campaña. Curiosamente, Carlos Vidal, presidente do Club Ciclista Vigués, club agraciado co boleto gañador, atopabase presente.

Para o presidente de VIDE, esta iniciativa é de suma importancia, porque demostrou que con imaxinacióne grazas ao traballo en común de clubes, empresas privadas e Fundación pódense conseguir recursos propios.

Reserva 1: 00912

Reserva 2: 20.294

Reserva 3: 01.188