Primeira derrota da Olivo

O Olivo perdeu onte ante o Victoria tras trece partidos de Liga invicto (3-1). As de Juan Carlos García "Charly" xogaron o peor partido da tempada e foron inferiores ás coruñesas en todo momento. O Olivo segue líder en solitario da clasificación do Grupo I da Segunda División feminina de fútbol, con 39 puntos, 3 máis do seu inmediato seguidor, o Concello de Friol.

A próxima xornada as viguesas recibirán ao Erizana C.F. Será o domingo 26, ás 12 h. no Municipal Pahíño.