O Concello de Vigo organiza unha Liga de Natación Escolar en estilos libre e costas

liga_natacionManel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentou este luns o novo certame, organizado polo Concello baixo a dirección do Club Natación Vigo Rías Baixas e a colaboración da Federación de Pais e Nais de Alumnos. En categoría promesas e benxamín, os centros poden inscribir aos alumnos ata o próximo 21 de febreiro.

Sen limitación de número, a Liga está aberta a todos os nadadores matriculados nos colexios de Vigo no ciclo educativo de Primaria que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participando en cursos de natación a través das ANPAS. As inscricións están abertas ata o próximo 21 de febreiro vía mail, fax ou presencialmente na Fundación VIDE.

Os participantes, rapaces e rapazas, divídense en categoría promesas -nados entre 2006 e 2008- e benxamín -de 2002 a 2005-, competindo en ambos casos en probas de 25 metros estilo libre e costas durante as tres xornadas da Liga: o 9 de marzo, o 27 de abril e o 8 de xuño, na piscina municipal do Carme e en horario de mañá. Cada nadador e nadadora participará nas dúas modalidades polo sistema de contrarreloxo, cos resultados acumulativos das tres xornadas.

Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo entregará medallas a todos os participantes na Liga, ademáis de conceder un trofeo ao colexio con maior participación e outro aos tres centros educativos mellor clasificados.

Máis información...