O Octavio vence en Girona nos últimos segundos

Victoria viguesa en partido disputado en terras catalás. Os académicos enfrontábanse ao Bordils de Girona e a falta de nove segundos para a finalización do encontro, grazas a un tanto de Dani Hernández, os de Quique Rodríguez puxeronse por diante no marcador cun axustado 25-26. A próxima xornada, o Academia Octavio recibirá ao BM. Torrelavega. Será o sábado 1 de febreiro, ás 18.30 h. no pavillón de As Travesas.