A internacional viguesa Antía Loira cambia de club

Antia_LoiraA padexeira internacional de Slálom Olímpico e bolseira VIDEAntía Loira, deslígase do Club Piragüismo Val Miñor-Frioya despois dunha década chea de éxitos. Antía Loira continuará a súa carreira deportiva no Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría (A Coruña).

O Club Piragüismo Val Miñor e o Piragüismo Dumbría selaron un acordo de colaboración para que a padexeira de Saians, poida continuar a súa carreira deportiva en mellores condicións que as que lle pode ofrecer o club de Nigrán. A internacional galega de Slálom Olímpico pecha así unha década adornada con máis de 60 medallas vestindo a licra do club
miñorano. Antía foi a primeira padexeira galega en integrarse no programa nacional de tecnificación de Slálom Olímpico. Con 15 anos foise concentrada a Seu d´Urgell onde completou a súa formación académica e deportiva durante tres tempadas e media.