O deporte galego, compañeiros e amigos únense para homenaxear ao tres veces olímpico, Carlos Pérez

carlos-perezO deporte galego, compañeiros da súa época como atleta de elite e a sociedade viguesa únense para homenaxear ao rlos Pérez o próximo venres 21 de febreiro, ás 14.00 horas, nunha comida en entrañable na que se fará un repaso á súa vida como deportista, amigo dos seus amigos e motor do atletismo no noso país.

Carlos Pérez, vigués polos catro costados, iniciouse na competición en 1952, estando presente nos JJOO de Roma, en 1960, México, en 1968, e Munich, en 1972, así como nos Xogos Mediterráneos de Bayrut 1959 e Túnez 1967, vestindo a camiseta da camiseta de España en dez edicións do extinto Cross de las Naciones, entre 1959 e 1972. Na actualidade aínda están vixentes dous das súas marcas de España de 25.000 metros (1 h.19.56.8) e 30.000 metros (1h.36.07,8) en pista, o 2 setembro 1969 en A Coruña.

Conduta exemplar de deportividade e entrega absoluta, sen compensación económica ningunha, Carlos Pérez é todo corazón, un relacións públicas nato e un apoio incondicional para as novas xeracións de atletas e dos organizadores de eventos deportivos.

Este encontro intégrase no proxecto de Balneario de Mondariz de recuperar o mecenado dos seus fundadores os irmáns Peinador, e que estivo precedido o pasado ano polas homenaxes ao xornalista Armesto Faginas, ao director de teatro Maximino Keizán, ao deseñador Gene Cabaleiro e ao poeta Carlos Oroza.

As persoas interesadas en asistir ao acto poderán dirixirse ao teléfono 678721363 para maior información ou inscribirse.