Xa podes recoller en VIDE as botas de fútbol da campaña "Doa as túas botas e así xogamos todos"

BotasAs botas que se recolleron no Torneo de Reis, celebrado os pasados 2, 3 e 4 de xaneiro, xa se atopan na sede da Fundación VIDE (Cesáreo Glez, s/n - Baixos I.M.D.) a disposición dos particulares ou clubs que queiran facer uso delas para os/as nenos/as que non poidan compralas. A iniciativa solidaria, que por primeiro ano se organizou dentro do Torneo, resultou un éxito. Numerosos equipos, xogadores e particulares doaron as súas botas usadas. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, agradeceu a boa acollida da campaña.

A Concellería de Deportes e a Fundación VIDE organizan conxuntamente o Torneo de Reis de Fútbol 7 para nenos e nenas das categorías Minis e Biberóns. Este torneo, que este ano cumpriu a súa 3ª edición, consolidouse como un referente nas datas do Nadal, e desenvolveuse nas instalacións Municipais de Samil, entre ás 10.00 h e ás 13.30 h cada unha das xornadas.

O máis destacable é o carácter non competitivo do Torneo, cuxo obxectivo principal é que os/as máis pequenos/as teñan a oportunidade de gozar do deporte nun ámbito lúdico, nunhas datas nas que as competicións oficiais están paradas.