Vitoria do Celta en Navia

Celta Selmark deu un paso de madureza no seu proceso formativo e venceu ao Portomar Cortegada (54-51) nun partido no que foi de menos a máis, e que solucionou de xeito adulto ante un equipo visitante máis experimentado. As celestes foron capaces de remontar os doce puntos de desvantaxe que chegaron a conceder no segundo cuarto. Unha canastra de María Araújo a falta de 10 segundos rompeu a igualdade decantou a sorte do partido do lado celeste. A próxima xornada, as viguesas viaxarán a terras leonesas para enfrontarse ao Aros León. O encontro disputarase o sábado, 8 de marzo.