Magníficos resultados do Vigo Squash no Nacional sub 11 e sub 15

vigo_squashNas instalacións do polideportivo La Luz de Tres Cantos, Madrid, celebrouse a pasada fin de semana o Campionato de España sub 11 e sub 15 de squash, con magníficos resultados dos representantes do Club Vigo Squash. En sub 15 masculino, o actual campión galego da categoría, Cio Garcia, conseguiu un 5º posto e Andrés Vázquez, o posto 12.

En canto aos pequenos, fantástico debut do noso representante Hugo Mon que, con tan só 8 anos, conseguiu un magnifico 7º posto.

A actuación de Marta e María Domínguez no sub 15 feminino foi sensacional, a sabendas que aínda teñen 12 anos, conseguindo un 6º e 10º postos respectivamente, o que as pon nun moi bo lugar para o Campionato de España sub 13 ao que acudirán co fin de mes para intentar o máximo.

Boa actuación dos nosos nun Campionato de España que contou con 80 inscritos de todos os lugares de España.