Laura Caballero, do Olivo, gañadora na terceira proba do Ranking Galego de esgrima

laura_caballeroO club de esgrima El Olivo de Vigo logrou cinco medallas na terceira proba do Ránking Galego de esgrima, disputado no pavillón de Coia a pasada fin de semana. Laura Caballero Fontenla, proclamouse a gañadora da categoría absoluta feminina na modalidade de florete, impoñéndose nos nove duelos que protagonizou.

Na categoría absoluta masculina, Pedro Otero gañou o bronce. En infantil, Laura Lumbreras e Xiana Pérez compartiron a terceira praza e Bruno Méndez alzouse co bronce. Na fotografía, cedida por Boli, Laura Caballero co seu trofeo de vencedora.