Misión imposible, a climatoloxía, o campo e a arbitraxe non permiten que El Olivo Caixanova se volva cos tres puntos da capital do Bierzo

A negativa do aprazamento do partido fixo que El Olivo Caixanova tivese que disputar o partido contra o Ponferrada 100 no medio do aluvión do "Xynthia".

Un terreo de xogo que non atopaba nas melloras condicións para a disputa dun partido de fútbol, o temporal de chuvia e vento e un arbitro que dende o principio sabia o que tenia que facer para que o cadro olívico non se fose cos tres puntos do Municipal de Ponferrada, fixo que as rapazas de Edu González teñan moi complicado a caza do Reocing-Racing de Santander.

O CD Ponferrada 100 demostrou unha semana máis que na casa lle custa moito sacar adiante os seus partidos, pero tamén que non se rende en ningún momento e que está no mellor momento da tempada. Ante o segundo clasificado, o equipo berciano foi capaz de igualar por tres veces as vantaxes do rival. El Olivo de Vigo demostrou, a pesar dos charcos, do vento e dos problemas para mover a pelota, que é o equipo que mellor xoga ao fútbol no Grupo II. Por enriba de todas destacou a internacional Ana Buceta, que logrou un gran gol, pero tamén trouxeron en jaque á defensa berciana a dianteira Lombi, extrémoa Clo ou Claudia Martínez, que entrou na segunda parte.

O choque comezou cun aviso de cada equipo antes de que o cadro olívico aproveitase un erro do equipo local á hora de sacar un balón para que Lombi recibise en área pequena e marcase ante a desesperada saída de Ronsel. A pesar do dominio olívico na maior parte das fases do encontro, o Ponferrada 100 tamén tivo as súas opcións.

A primeira opción medianamente clara para o equipo local chegou nun centro de Rebeca que non atopou rematadora tras tocar Carlota coa punta dos dedos. Varios lanzamentos do cadro vigués por parte de Cris, Anita e Ana Buceta merodearon o portal de Ronsel antes de que chegase o empate. Pincho recibía un bo pase ás costas da defensa en fose de xogo clarísimo (2-3 metros)que o colexiado non se atreveu a sinalar, entraba na área e lanzaba cruzado; a Carlota rexeitaba e Lucía moi atenta lograba o 1-1.

Na segunda parte as cousas volvíanse poñer ben de saída. Outro erro ao sacar o balón de atrás valía un severo castigo. Centro dende a dereita de Lombi e perfecto cabezazo de Clo no segundo pau ao fondo das mallas. Estivo a punto de empatar Chiqui nun centro de falta de Rebeca que non chegou a rematar ninguén paseándose por diante da portería viguesa. No minuto 61 Albita perde o balón ao o querer sacar xogado nun campo impracticable e ao querer recuperalo o señor colexiado sinala penalti, outra das moitas sancións a favor das Bercianas que non a canso de sinalar ao longo do encontro. O mesmo o convertía Raisa no 2-2.

O colexiado no 66' a volvía a montar, expulsou a dorsal número 10 de cada equipo, Pincho e Anita, a instancias do seu xuíz de liña o árbitro é chamado á banda e o seu auxiliar indícalle que a xogadora local agride á media punta Olívica, entón é cando decide non deixar o cadro local en inferioridade sinalando agresión mutua.

Dous penaltis da porteira sobre Lombi e dúas mans claras de senllas defensas Bercianas dentro da área local que nunca quixo ver o árbitro crisparon os ánimos de El Olivo Caixanova e dos afeccionados vigueses que ata alí se desprazaron. No 70' Ana Buceta avisou das súas intencións cun tiro picado que se foi alto por pouco. Pero máis tarde marchou con facilidade de catro defensoras, evita a Estela e marca de tiro raso e axustado ao pau. A mediocentro tamén estivo preto de marcar o cuarto gol do seu equipo no minuto 86 con outro tiro cruzado, pero foise fóra por pouco. Pero sete minutos antes chegara de novo a igualada. Córner que bota María e remata de forma inapelable de cabeza Yeni.

Nos instantes finais lesionábase Lombi que non puido finalizar o encontro tendo que ser substituída, unha entrada brutal dunha defensa ao bordo da área que o colexiado seguiu sin querer ver. El Olivo-Caixanova poñía cerco á portería dun Ronsel que salvou na liña un remate de cabeza no minuto 88.