CB As Neves a un paso da final da liga nacional de bádminton - primeira división ao derrotar o CB Mahón por 5-2

cbasneves26.1.10O sábado día 27 de febreiro de 2010 o Club Bádminton As Neves disputo no Pavillón Sinia Morera de Mahón o partido de ida das semifinais do play off polo título da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División contra o Club Bádminton Mahón ás 14:00 horas.

O Club Bádminton As Neves demostrou que esta tempada se atopa intratable e dobrego ao CB Mahón na súa casa por 5-2 e que deixa a eliminatoria practicamente sentenciada e cun pé na final. O próximo encontro de volta en A Neves do domingo día 7 de marzo debe ser un trámite para alcanzar a final de primeira división un logro impensable ao inicio de tempada.

Para este encontro o CB As Neves desprazo a todos os xogadores habituais na liga: Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Andrea Fernández, Leticia Rodríguez, e Angela Soto xunto con Ana Durán.

Este foi o resultado parcial do encontro:
Dobres Mixtos: Andrea Fernández/Pablo Méndez - Gloria Pons/Abel Hernández 21-17, 20-22 e 22-20
Dobres Feminino: Angela Soto/Leticia Rodríguez - Olga Caballero/Alba Gasa 21-12 e 21-17
Dobres Masculino: David Durán/Bruno Moldes - Albert Navarro/Eric Navarro 19-21, 21-10 e 22-20
Individual Feminino 2: Andrea Fernández - Gloria Pons 21-12, 11-21 e 15-21
Individual Masculino 2: Pablo Méndez - Albert Navarro 17-21 e 16-21
Individual Feminino 1: Angela Soto - Alba Gasa 20-22, 21-15 e 21-17
Individual Masculino 1: David Durán - Abel Hernández 22-20 e 21-18

O partido de volta dispútase en As Neves o próximo domingo 7 de marzo de 2010 a partir das 12:00 horas e espera unha nova festa ante a súa afección.

Toda a información pode atopar na páxina Web www.todostorneos.es