Aberta a inscrición para a segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo

cartel2010carreiraspopulare A Concellería de Deportes e a Fundación Vigo en Deporte abren hoxe o prazo de inscrición para o circuíto de carreiras pedestres Cidade de Vigo 2010.

A Concellería de Deportes presentará o evento ao mundo do atletismo vigués o vindeiro luns na Casa do Deporte (19.00 h.). Concello e VIDE esperan a resposta dos clubs, dos e das atletas a un evento con premios que suman os 9.200 euros.

A inscrición estará aberta ata o vindeiro 17 de xuño.

Modos de inscrición no circuito:

1. Online: A través da Web www.championchipnorte.com

2. Presencialmente: Na Fundación VIDE

 Folla para inscrición xeral (1.64 MB)

 Instrucións para a inscrición presencial (407.47 kB)

 Normativa do circuíto (3.46 MB)