A FGB convoca bolsas de axuda para os alumnos dos cursos de iniciación de adestradores

logofgbA Federación Galega de Baloncesto convoca para esta temporada 2009 – 2010, a concesión de axudas económicas para a realización dos Cursos de Iniciación  de adestradores.

A entidade federativa, a través da súa Escola Galega de Adestradores, destina á materialización destas axudas ata un máximo de 3.000 euros, o que implica que se outorgarán un máximo de cinco bolsas por cada un dos cursos que se realicen.

As persoas que teñen a oportunidade de optar a estas bolsas serán os alumnos inscritos nados no ano 1990 ou posteriores e que obteñan a cualificación de “APTO” ao remate do curso.

Para demandar a Bolsa o solicitante deberá cumprimentar o formulario preciso para este caso e entregalo, conxuntamente, co impreso de inscrición no propio Curso.  Os alumnos ingresarán a totalidade da cota de inscrición do curso que lle corresponda e, posteriormente, unha vez realizado o Curso, a Federación reintegraralle os importes das axudas na conta que o beneficiario  indique.

A Federación Galega de Baloncesto lembra que, en ningún caso, se tramitarán solicitudes deste tipo con posterioridade ao inicio do curso.