VIDE aposta polo deporte feminino na apertura do prazo de inscrición para as bolsas de deportistas individuais

bolsaspresentacion28.1.10Xabier Alonso e Laura Magdalena, presidente e directora xerente da Fundación Vigo en Deporte, presentaron hoxe as bolsas VIDE 2010, coas que a Fundación premia o traballo d@s deportistas vigueses no 2009 e cuxo prazo se abre do 1 ao 28 de febreiro.

Segundo o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, “VIDE chega onde o Concello non pode cubrir algunhas subvencións”, polo que é un elemento complementario. O concelleiro nacionalista recoñeceu que “ano a ano esta é unha opción importante para @s deportistas”, que en 2009 presentaron 84 solicitudes entre bolsas elite (41) en bolsas base (43). O concelleiro constata que cada ano hai máis solicitudes.

Laura Magdalena, pola súa banda, amosouse satisfeita por que ese incremento de peticións de bolsa “demostra que @s deportistas confían cada vez máis na Fundación”, xa na súa oitava convocatoria de axudas. E anunciou que este ano se vai primar máis o deporte femenino: “Queremos facer unha valoración positiva das mulleres deportistas para equilibrar a balanza”, sostivo, xa que dende 2003 ao 2009 VIDE repartiu 135 axudas económicas entre Base, Elite e Olímpicas (estas no 2008), beneficiando a 83 deportistas (51 homes e 32 mulleres).

Os tipos de bolsa son dous, Base (nad@s despois do 1 de xaneiro de 1994), que se premia con 1.000 euros netos, e Elite (nad@s antes do 1 de xaneiro de 1994), cunha doazón de 2.000 euros netos. O comité executivo de VIDE decidirá en marzo @s gañador@s das bolsas (non hai números pechados) en función dos méritos.  

 BASES (543.25 kB)

 FORMULARIO (267.5 kB)