Cabecera Vide

Porque somos así

A Fundación VIDE naceu con data de constitución o día 19/11/2001 no mandato municipal 1999-2003. As claves da Funcación Vigo en Deporte son as seguintes:

1) Que é a Fundación Vigo en Deporte? Un organismo sen ánimo de lucro nacido en 2001 para apoiar ao deporte vigués en toda a súa extensión, é dicir, aos clubs e entidades deportivas que compiten tanto na elite coma na base, e aos que teñen iniciativas que leven consigo a posta en marcha de calquera tipo de actividade ou torneo. Sinxelo.

2) Quen forma VIDE? VIDE foi constituída polo Concello de Vigo e tres grandes motores económicos da cidade: PSA Peugeot Citroën, Caixanova e Pescanova. Foron os catro socios fundacionais, que tomaban as súas decisións mediante un Padroado do que o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, é o seu vicepresidente dende o 13 de xuño de 2011, cando o alcalde da cidade, Abel Caballero, asinou o decreto de competencias do goberno municipal. Dende 2021, o Padroado está formado polo Concello e Grupo Recalvi. Fundamental.

3) Canto inviste no deporte local? Dende o nacemento da Fundación no ano 2002, investíronse máis de 4 millóns de euros a través de doazóns ao deporte vigués; dende as bases mesmas do deporte, a canteira, ata o escalafón mais alto do deporte, a elite; tanto no deporte individual coma colectivo. O investimento, en mais dunha década, estivo enfocado aos programas propios (axudas a deportistas individuais, programa Siareiros , campus polideportivo, Vigo Cup...), ademais do apoio a eventos internacionais, nacionais e locais no entorno da cidade de Vigo. Decisivo.

4) Onde está a sede de VIDE? No complexo de deportes de As Travesas, na fachada que dá á rúa Cesáreo González. Ademais da situación física dentro da instalación, tamén existe a virtual; a páxina web é visitada cada día por centos de internautas para seguir as noticias dos equipos de elite e base, as novas dos e das principais deportistas e o desenvolvemento de Vigo en Xogo. Cómodo.

5) Por que esas axudas? Porque cremos no deporte vigués. Ao igual que as empresas que colaboran cos programas de VIDE (como socio de honra, colaborador,...) para axudar desinteresadamente aos equipos. Claro.

 

 

 

MEMORIAS

 

Memoria 2022    

Memoria 2021

Memoria 2020

Memoria 2019

Memoria 2018

Memoria 2017