A Vigo Cup, con máis de 3.000 xogadores, disputará as súas finais en Balaídos e suma a categoría sub 6

Imprimir

Vigo Cup presentacion 2015Balaídos será escenario un ano máis das finais da Vigo Cup, que este verán entra na súa décima quinta edición, "porque a verdadeira ilusión dos que xogan o torneo de fútbol base é disputar a final no estadio", explicou o alcalde, Abel Caballero.

Con medio centenar de persoas na organización, 179 equipos e 46 clubs participantes, o campionato disputarase do 29 de xuño ao 5 de xullo. Á presentación no Concello acudiron, ademais do alcalde e do concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, representantes da organización, dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol. "Esta é a capacidade real de facer un torneo de fútbol desta envergadura e que moi poucas cidades de toda España son capaces de facer", subliñou o rexedor.

Máis de 3.000 xogadores e medio millar de técnicos daranse cita nunha ducia de campos, aos que este ano se incorporan dous canchas máis, os remodelados campos de As Travesas e Samil (Armando Cajaraville), co que os equipos xogadores nas mellores "moquetas" da cidade.

Con equipos de Vigo e a súa área de influencia como sustento principal, ademais de portugueses e de Asturias, o torneo ofrece ademais outra novidade: haberá unha categoría máis, a sub 6, participativa, de xoves a sábado e sen clasificacións. "A clasificación é un tema máis secundario", asegurou o rexedor.

Liñas de Vitrasa gratis para os equipos, viaxes subvencionadas a Cíes... visitas gratuítas a Vigozoo... A oferta trasnversal da Vigo Cup continúa.