Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

advigoOs campionatos de fútbol 7, fútbol 11, fútbol sala e baloncesto de Vigo en Xogo, organizados pola Agrupación Deportiva Vigo, continúan á espera de novas decisións da autoridade sanitaria. Polo momento, coa actual orde da Xunta, non é posible iniciar o campionato desta competición recreativa.

A Xunta permite o deporte federado con protocolos elaborados polas federacións deportivas e aprobados pola autoridade sanitaria, pero estes non foron desenvolvidos para o tecido deportivo de carácter recreativo, que oferta as súas actividades fóra do sistema de deporte federado.

A orde que rexe para a actividade deportiva marca claramente as necesidades e esixencias para o deporte federado, pero non propón solucións e medidas para o desenvolvemento do que está fóra do sistema de federacións deportivas.

Axiña que teña a autorización administrativa para comezar, a organización porase en contacto cos responsables de tódolos equipos que participaron na tempada 19/20, así como os que solicitaron praza para esta nova tempada 21/22.

Os equipos que decidan darse de baixa de Vigo en Xogo recibirán a parte proporcional das xornadas non disputadas da liga 19/20. Os que opten por esperar a que regrese a competición, terán esa parte proporcional aplicada á inscrición da tempada 21/22.

A oficina da organización está pechada dende o pasado mes de marzo do 2020 ao non ter competición dende a devandita data, pero si algún responsable ou delegado quere facer algunha pregunta concreta pode enviar un correo electrónico da AD Vigo. A contestación non será de xeito inmediato: unha persoa da organización achégase á oficina cada 7/10 días, co fin de dar resposat a eses correos.

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.