Axenda

24 horas de Vigo

Dende Sábado 25 Agosto 2018
Ata Domingo 26 Agosto 2018

Cartel 24VGOQuinta edición das 24 horas de Vigo, a proba de resistencia por excelencia a nivel galego que se corre no Parque de Castrelos. Corenta e dous equipos, formados por entre seis e unha ducia de atletas, masculinos, femininos e mixtos e 31 atletas a nivel individual arrincarán este sábado 25 ao mediodía no circuíto municipal de cros de aproximadamente un quilómetro. A competición rematará ás 12:00 horas do día seguinte, é dicir, do domingo 26. Organiza, coma sempre, o Club Castrelos 20:30.

Localización : Parque de Castrelos
Compiten atletas de Galicia, pero tamén doutros puntos de España e de Portugal. A olímpica Estela Estévez correrá o cros.

Volver