Axenda

Cidade de Vigo de remo

Sábado 01 Setembro 2018

Cartel remoA primeira edición do Trofeo Internacional Cidade de Vigo-Illas Cíes de remo de mar será tamén unha proba para a historia pois definirá o primeiro Campionato de Galicia da modalidade en augas de Bouzas. Máis dun cento de remeiras e remeiros competirán nunha nova especialidade o sábado 1 de setembro. Haberá botes de Portugal xa que a regata tamén pertence ao Circuíto luso-galaico de remo de mar. Organizan Club de Remo Vigo e o Real Club Náutico de Vigo. A xornada rematará cun cóctel no Salón Nobre do Náutico vigués e cun concerto dos The Olivic Blues Band. 

Localización : Praia de Bouzas
Primeira oportunidade que en Galicia se fai unha regata de remo de mar.

Volver