Cabecera Vide

VIDE entrega a 24 deportistas vigueses, catorce deles mulleres, bolsas por 20.000 euros

20150511 bolsas VIDEVinte e catro deportistas sub 23 recibiron onte, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha subvención da Fundación Vigo en Deporte polos seus éxitos deportivos na tempada 2014/15.

No sinxelo acto de entrega de bolsas, o presidente de VIDE, Manel Fernández, tamén edil de Deportes, estivo acompañado por María José Táboas en representación de PSA Peugeot Citroën, o outro socio fundador do organismo xunto co Concello de Vigo.

As bolsas contemplan subvencións a deportistas empadroados na cidade e que se atopan en período de formación ata a idade promesa (23 anos). Segundo explicou o concelleiro de Deportes, esta iniciativa, na súa segunda tempada consecutiva, supuxo a entrada nas oficinas da fundación de cen solicitudes, polo que o comité executivo tivo que aprobar un corte inicial a 35 finalistas, do que finalmente saíron os 24 bolseiros.

O edil, que se felicitou polo "éxito de participación na convocatoria, recoñecendo que a elección dos becados foi "difícil", tamén anunciou que na filosofía do Concello como socio fundador de VIDE está dar continuidade a este programa no próximo mandato municipal.

Nestas bolsas individuais, que contemplan a particularidade de deportes de dúo, trío ou cuarteto, dezaseis deportistas levaron unha axuda de 1.000 euros e oito (catro parellas, unha de ximnasia acrobática e tres de vai a) repartíronse o millar de euros en 500 por cabeza.

Na análise das axudas, estas chegaron a catorce deportes (un menos que na campaña 2013/14), e as entidades deportivas con máis becados foron o Real Club Náutico de Vigo (sete deportistas, un de remo, cinco de vai a e un de tenis), o Flic Flac (dous deportistas) e o Vigo Squash (dous). A expansión do deporte vigués provocou que as fichas dos bolseiros pertenzan, ademais de clubs de Vigo, a entidades de Cangas, Riveira, Lugo ou Nigrán.

A vela, con seis deportistas (tres bolsas), e o taekwondo, con tres, resultaron as disciplinas con maior número de becados nun acto breve que en menos de vinte e cinco minutos acabou coa tradicional foto de familia.

Os bolseiros:                                     

Nombre Deporte Club
1 Carmela Cardama Atletismo Comesaña
2 Gabriel Fernández Bádminton Sin club
3 Judith Rodríguez Esgrima El Olivo
4 Uxía Verísimo Gimnasia Acro Flic Flac
  Alexandre Sierra   Flic Flac
5 Álvaro Muzas Judo A.D. Famu
6 Sara Viéitez Lucha olímpica San Ignacio
7 Jorge Casales Motociclismo Motoclub Clip
8 Jaime de Haz Remo Robaleira Cangas
9 Álvaro Blanco Remo RCNV
10 Marta Domínguez Squash Vigo Squash
11 Icía Riveiro Squash Vigo Squash
12 Alba Rodríguez Surf Prado Surf
13 Andrea Vilas Taekwondo Gimnasio Tao
14 Beatriz Parada Taekwondo Natural Riveira
15 Lucía Penín Taekwondo Gimnasio Kiap
16 Antonio Serrat Triatlón A.D. Tripenda
17 Martín de la Puente Tenis adaptado RCNV
18 Mario Pérez Vela / Vaurien RCNV
  Tirso Cerqueira   Marítimo Canido
19 Alejandra Suárez Vela / Vaurien RCNV
  Helena Pérez   RCNV
20 Carlota Hernández Vela / 420 RCNV
  Ana Carrasco   RCNV

Galería de fotos...