Imprimir

O comité executivo decidirá en marzo a quen van as bolsas Base e Elite da Fundación VIDE

374cartelbecas2010A día de hoxe, 57 son as solicitudes de deportistas para a oitava convocatoria de bolsas da Fundación Vigo en Deporte (VIDE). Nos últimos días os deportistas aceleraron a presentación da documentación para presentarse ás bolsas de Base (1.000 euros) e ás de Elite (2.000). De feito, 28 deportistas optan a gañar a bolsa de 2.000 euros e 29 a bolsa de 1.000.

Prazos. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, VIDE entregará ao comité executivo toda a documentación, habendo un prazo de dez días para emendar calquera incidencia administrativa (falta dalgún documento requirido ou resolución de calquera dúbida sobre o historial deportivo, por exemplo).

Comité executivo. Logo, o comité executivo reunirase para decidir os curriculum que conseguirán a bolsa. O comité executivo está composto polos patróns (Concello, PSA Peugeot Citroën, Caixanova e Pescanova), a directora-xerente de VIDE, Laura Magdalena, un técnico municipal e a secretaria do Concello de Vigo. A gala na que se darán a coñecer os premiados está prevista para abril, como é habitual no Centro Social Caixanova, coa presencia dos e das deportistas e dos patrocinadores de VIDE (Coca-Cola, Vitrasa, Faro de Vigo, Altia Consultores, Viaxes Eroski, R, Aqualia e IMD entre outros) e os membros do Padroado.