Cabecera Vide

Duascentas ilusións cada ano no campus

XII Campus VIDE: do 27 de xuño ao 1 de xullo do 2011.

O campus polideportivo é unha iniciativa do Concello que a Concellería de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes puxeron en marcha no ano 2000 e que, unha vez creada a Fundación VIDE, se encomendou a súa organización a esta conxuntamente co IMD. Nesta actividade, desenvolvida no complexo deportivo das Travesas, búscase que os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos gocen dun bo número de deportes de sala, impartidos por técnicos dos principais clubs da cidade, pero tamén que convivan durante oito horas diarias e aprendan os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, supón para moitos dos participantes un bautismo de mar e a posibilidade de coñecer a praia máis fermosa do mundo, segundo a definiu o xornal británico "The Guardian" o ano 2007.

campus09