Folla de inscrición 2011

campus polideportivoPara a duodécima edición, a Fundación Vigo en Deporte decidiu manter o mesmo prezo que rexe no campus polideportivo dende 2007. O XII Campus Polideportivo está fixado para os días 27 de xuño ao 1 de xullo nas instalacións do IMD das Travesas.

O evento contará co apoio de varios clubs de elite e de base da cidade, a Concellería de Deportes e o propio Instituto Municipal dos Deportes (IMD). A inscrición, que se abrirá o 1 de xuño, mércores, as 16 h. custará 65 euros por alumno/a, é dicir, o mesmo prezo por quinto verán consecutivo.

VIDE encomendou a Ana Álvarez, adestradora de baloncesto participante no campus desde o seu inicio no ano 2000, a coordinación do campamento por segundo ano consecutivo. Para nenos e nenas de 8 a 14 anos, o campus conta con 200 prazas e desenvolverase de 10:00 a 18:00 horas de luns a venres. O alumnado come nas instalacións do IMD e, ademais de practicar os deportes habituais, tamén se introduce no coñecemento doutras modalidades deportivas invitadas.