Esgotadas as 200 prazas do XII Campus Polideportivo de VIDE

Imprimir

inscricioncampus2Non quedan máis prazas. O XII Campus Polideportivo de VIDE, que se desenvolverá do vindeiro 27 xuño ao 1 de xullo, esgotou as súas 200 prazas onte, o primeiro día de apertura das óns.

O persoal de VIDE e a coordinadora do campus, Ana Álvarez, atenderon as peticións, que nunha hora estaban resoltas. A demanda dos pais e nais é cada verán espectacular e a xornada deste mércores non foi unha excepción, con cola de espera dende primeira hora da mañá, cando a aceptación de inscricións comezaba ás 16:00 horinscricioncampus1as.

O campus desenvolve un horario óptimo para as familias (@s nen@s, que remataron  o curso uns días antes, entran ás 10:00 horas e vanse ás 18:00 horas, e comen no propio complexo do IMD das Travesas) e está dirixido por adestradores e monitores cualificados de varias entidades deportivas punteiras da cidade, o que achega ás familias unha garantía sobre a calidade da aprendizaxe do alumnado.

Ademais, a visita a Cíes fomenta a interrelación dos nenos e nenas co medio ambiente e entre si, sendo unha das actividades máis celebradas nesa intensa semana deportiva na que o Instituto Municipal dos Deportes colabora coa Fundación VIDE na organización.