O Campus VIDE, referencia dentro do programa Verán Xove, que presentou o alcalde con moitas novidades

1337861146campamentosO alcalde, Abel Caballero, presentou este xoves a oferta municipal de actividades para o verán, que increméntase un 40% con respecto ao ano pasado ata superar as 2.625 prazas.

Nos departamentos de Xuventude, Deportes ou Benestar Social, "o programa procura a conciliación familiar e o ocio educativo para os participantes", dixo o xefe do goberno municipal, sufragando o Concello o 53% do seu custo.

Caballero valorou o incremento da oferta de lecer educativo no verán por parte das distintas concellerías municipais, en particular "en época de crise", co que se busca facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, fomentar a educación e a participación e educar en valores cívicos.

Verán Xove inclúe a gran maioría da oferta estival, mantendo o prezo do pasado ano, incrementando as actividades nos espazos municipais para optimizar os recursos e implementando por primeira vez a inscripción por vía telemática, a través da páxina web municipal. O prazo de inscrición ábrese o 1 de xuño. O campus de VIDE está no programa aínda que con particularidades no que respecta á inscrición.

Os campamentos urbanos de Verán Xove, explicou o primeiro edil, diríxese ao público entre 4 e 14 anos e suma numerosas iniciativas este ano, como un campamento con pernocta en VigoZoo. As ludotecas, pensadas para rapaces entre os 4 e os 13 anos en distintos puntos da cidade, tamén celebraranse, como novidades, en agosto e nos catro centros cívicos e en VigoZoo. As actividades para xóvenes entre os 13 e os 35 anos terán lugar no Castro ou nas Illas Cíes, entre outros, non precisando na maioría dos casos de inscripción previa. En materia de benestar, Abel Caballero indicou que o Concello, a través da Concellería de Política de Benestar, ofrece actividades para discapacitados a partir dos 6 anos tanto en xullo como en agosto, con inscrición no Concello ou nos centros onde estea a persoa discapacitada ata o 31 de maio.

A nivel deportivo, existe o XIII Campus Polideportivo de VIDE, que oferta 200 prazas, de 8 a 14 anos, coas mesmas tarifas dende o ano 2007, cunha veintena de persoas na organización entre monitores e voluntarios. Desenrolarase nas Travesas e depende de VIDE, do IMD e da propia Concellería de Deportes que lidera o concelleiro Manel Fernández, ademais presidente de VIDE e do IMD. A inscrición, neste caso, ábrese o 4 de xuño, luns, en VIDE. A inscrición é, como todos os anos, presencial. "Estamos diante dungha opción no verán que vai ser notable", explicou o alcalde.

Folla de inscrición_Campus_2012 (2.18 MB)

Folla_informativa_Campus_Polideportivo (445.75 kB)