Folla de inscrición e folla informativa do Campus Polideportivo VIDE

Xa está dispoñible a folla de inscrición para o Campus Polideportivo de VIDE, que terá lugar do 25 ao 29 de xuño (de luns a venres) nas instalacións deportivas municipais do IMD das Travesas.

Este ano haberá un servicio de aula matinal, ao custo de 5 euros, para os pais e nais que desexen que os seus fillos ou fillas poidan chegar ao campus unha ahora antes. Será de 9:00 a 10:00, xusto cando comeza a xornada de campamento.

Se, unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, a persoa interesada non pode asistir ao campamento, só terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito en VIDE, polo menos con 10 días de antelación ao inicio da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.

Folla de inscrición_Campus_2012 (2.18 MB)

Folla informativa_Campus_Polideportivo (445.75 kB)