O campus polideportivo VIDE abre a súa inscrición o vindeiro 2 de xuño

Imprimir

campus09A inscrición para o XV Campus Polideportivo VIDE abrirase o luns 2 de xuño ás 9:00 horas nas oficinas da Fundación Vigo en Deporte, no edificio do IMD das Travesas. O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes, celebrarase do 23 ao 27 de xuño no Complexo Deportivo das Travesas (Avda. Castrelos, 1 de Vigo).

Para a décimo quinta edición, a Fundación Vigo en Deporte decidiu ampliar o número de deportes a dez: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, hóckey a patíns, piscina, béisbol, rugby, bádminton e ciclismo.

O campamento, destinado a nenos e nenas de 8 a 14 anos, conta con 200 prazas e desenvolverase en horario de  9:00 h. ás 18:00 h. de luns a venres. Unha ano máis, contará coa visita ás Illas Cíes que esta edición será o martes.

Naviera Mar de Ons, Frutas Nieves, Umbro e Coca-Cola e son algúns dos patrocinadores privados comprometidos con esta iniciativa, que dá continuidade ao programa das escolas deportivas municipais e é un complemento máis na formación dos e das deportistas locais de base.

Como nos últimos anos, un voluntario de VIDE repartirá números (a partires das 8.50 horas) para evitar na medida do posible as incómodas colas. A folla de inscrición está dispoñible nesta páxina web (e nesta mesma información) e dende VIDE lémbrase que o pago debe realizarse en efectivo (70 euros/neno/a), que cada persoa pode solicitar un máximo de 4 inscricións.

quiqueO campamento, coordinado por Quique Domínguez, primeiro adestrador do Academia Octavio de balonmán, traballa varios deportes cada día, pero tamén é un exemplo de convivencia, porque o alumnado come nas propias instalacións deportivas do IMD baixo a supervisión dunha trintena de monitores de varios clubs de elite da cidade e voluntarios do programa VOVI de VIDE.

Se, unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, a persoa interesada non pode asistir ao campamento, só terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito en VIDE, polo menos con 10 días de antelación ao inicio da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados. 

Ata agora xa pasaron polo campus dende o ano 2000 preto de 2.800 rapaces e rapazas.

 Folla de inscrición (2.18 MB)

  Folla de Información (382.54 kB)