Manel Fernández visitou os participantes do campus VIDE, animándoos a seguir gozando co deporte

manell_campusO concelleiro de Deportes, Manel Fernández, visitou onte xoves aos nenos e nenas do campus polideportivo de VIDE en As Travesas, para palpar in situ a opinión dos participantes.

Acompañado polo director do IMD, José Ángel Lago, falou primeiro co coordinador do evento, o adestrador Quique Domínguez, co fin de coñecer a marcha do campamento multidisciplinar, para a continuación dirixirse ao Frontón e a, onde os alumnos estaban practicando fútbol sala, voleibol e baloncesto, mentres outro grupo se dirixía ao pavillón do Carmen.

O edil, ademais presidente de VIDE e do IMD, organismos que traballan cada ano de forma conxunta coa Concellaría para que esta iniciativa perdure, animou aos nenos a seguir gozando do campus e a aproveitar as ensinanzas dos monitores.

Este ano, o campus, que conclúe hoxe co sorteo dun ciclomotor e a entrega de regalos e diplomas en As Travesas, contou cun 63,5% de nenos fronte a un 36,5%, impensable hai tres anos, cando o desequilibrio era de 70-30.

Para visualizar as fotos do campus pique a continuación:

Galería fotográfica