O alcalde clausurou o campus VIDE, animándoos a seguir gozando co deporte

Imprimir

campus_clausura_abelO alcalde de Vigo, Abel Caballero, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, clausuraron o pasado venres en As Travesas o XV Campus Polideportivo VIDE que organizan conxuntamente a Concellería de Deportes, a Fundación VIDE e o IMD.

O alcalde, que como cada ano acode á entrega de diplomas de participación, felicitou os pais polo seu esforzo á hora de apoiar os seus fillos na práctica deportiva e instou nenos e nenas a que continúen realizando unha actividade tan sa.

Cos 200 nenos e nenas desta décima edición -outro verán con plena ocupación das prazas- son xa 3.000 os mozos que pasaron por este campus ao longo da súa historia.

Este ano o campus contou cun 63,5% de nenos fronte a un 36,5%, impensable hai tres anos, cando o desequilibrio era de 70-30.

O éxito deste campamento, que acabou con sorteo de regalos doados por la sinatura Warrior, estriba en que se fai na semana seguinte á conclusión do curso escolar, en que ofrece múltiples deportes e unha visitas ás Cíes e en que implica un importante número de clubs de elite da cidade.

"Vémonos na edición de 2015"; dixo o concelleiro de Deportes a xeito de despedida desta edición, que durou cinco días e estivo coordinada polo adestrador de balonmán Quqiue Domínguez.

Para visualizar as fotos do campus pique a continuación (ao longo da semana colgaremos máis fotos):

Galería fotográfica