Cabecera Vide

Oito patrocinadores privados apoian o campus de VIDE, aínda con prazas

campus ciesA inscrición para o XVI Campus Polideportivo VIDE, continúa aberta ata rematar prazas. O luns, primeiro día de inscrición, houbo unha morea de persoas para anotar a rapaces e rapazas, con xente esperando dende as 7 horas a que se abrira o prazo ás 9:00 da mañá.

Nunha hora, as oficinas da Fundación Vigo en Deporte, no edificio do IMD das Travesas, estaban xa valeiras de pais e nais. O campus desenvolverase nas Travesas do 22 ao 26 de xuño e aínda hoxe quedan prazas por cubrir.

Este campamento é unha aposta de VIDE, a Concellería de Deportes, o Instituto Municipal de Deportes e os principias clubs da cidade, abriuse para 200 prazas de nenos e nenas de 6 a 14 anos.

O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, pechou os patrocinios privados que fan posible cada ano teña lugar este evento. Naviera Mar de Ons, Frutas Nieves, Warrior, Coca-Cola, Pizza Móvil, Faro de Vigo, ABC Clínica Dental e Movisa son os oito patrocinadores privados comprometidos con esta iniciativa, ademáis de PSA Peugeot Citroën, patrono de VIDE, que dá continuidade ao programa das escolas deportivas municipais e é un complemento máis na formación dos e das deportistas locais de base.

Mar de Ons embarcará aos expedicionarios e expedicionarias cara a Cíes. Frutas Nieves, Coca-Cola e Pizza Móvil apoian o servizo de intendencia, aportando  froita,  agua e pizzas. Warrior e Movisa aportarán os agasallos para o sorteo final e ABC Clínica Dental, ofrecerá unha charla aos rapaces e rapazas sobre hixiene dental, así mesmo, o diario Faro de Vigo colabora todos os anos coa difusión do Campus.

O campamento xa ten data para a viaxe ás illas Cíes: será o martes 23 de xuño cando os 200 nenos e nenas teñan a súa xornada de convivencia no fermoso parque natural.

Celta Bosco (baloncesto), Club Vigo e Xuvenil de Teis (voleibol), Academia Octavio (balonmán), Traviesas Hóckey (hóckey a patíns), Vigo Rugby (rugby) Rachaplumas (bádminton), Mosteiro Bembrive (fútbol sala), Halcones (béisbol), Ciclista Vigués (ciclismo) e AMFIV (baloncesto en cadeira de rodas), participan no campus con adestradores e monitores.

Folla inscrición

Folla informativa