Dez últimas prazas para o Campus Polideportivo

Imprimir

campusA catro días do comezo do XVI Campus Polideportivo VIDE, quedan dez prazas disposibles. Un total de 190 nenos/as -de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos-inscribíronse xa para participar, da man das mellores entidades deportivas da cidade, da práctica deportiva dende a súa iniciación ao seu perfeccionamento.

O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes, celebrarase no Complexo Deportivo das Travesas (Avda. Castrelos, 1 de Vigo), do 22 ao 26 de xuño,  en horario de  9 h. a 18 h. de luns a venres. O prezo é de 70 € (incluíndo a comida). O martes será o día da esperada excursión ás Illas Cíes.

Naviera Mar de Ons, Frutas Nieves, Warrior, Coca-Cola, Pizza Móvil, Faro de Vigo, ABC Clínica Dental e Movisa son algúns dos patrocinadores privados comprometidos con esta iniciativa, que dá continuidade ao programa das escolas deportivas municipais e é un complemento máis na formación dos e das deportistas locais de base.

As actividades deportivas que se levarán a cabo serán: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, baloncesto en cadeira de rodas e hóckey a patíns. Para esta edición contamos coas actividades complementarias de ciclismo, rugby, bádminton, béisbol e natación e a excursión ás Islas Cíes. 

 

Folla inscrición

Folla informativa

Menús