Partido de rivalidade para o Olivo

O Olivo desprázase o domingo a Baiona onde o espera o Erizana, equipo ás ordes de Estévez antigo adestrador do Olivo e que está a facer unha das mellores tempadas da súa historia, figura no cuarto posto con 40 puntos e a vai que loitase ata o final.

O Olivo sabe da dificultade do partido pero necesita os puntos se quere chegar con posibilidades á súa penúltima xornada que se enfrontase co Oviedo na casa. Máximo rival das viguesas e con xogadoras que se coñecen moi ben entre elas.

Juan Carlos García "Charli" conta para este partido con todos os seus efectivos, xa que a capitana "Cuchi" cumpriu xa a súa sanción e Sara Tuy esta semana descansa no seu traballo. Sen dúbida, dúas boas noticias para o técnico Vigués de cara a este encontro. As do Olivo non se poden deixar ningún punto no camiño ata o final da liga.

Día: Domingo, 10 de marzo
Hora: 12:00 h.
Campo: ARAL (Fontiñas)