Xisela e Adán, campións do I Open Nacional Xunta de Galicia de squash

vigosquash2013.psdO 23 de marzo pasado, tivo lugar nas pistas situadas no Estadio Balaídos de Vigo o I Open Nacional Xunta de Galicia 2013 de squash. Con dominio do club Vigo Squah, os resultados foron os seguintes: en categoría masculina o campión foi Adán López, o subcampión foi Dani Esperón e no terceiro posto quedou Oscar Mon, todos eles do club vigués.

En consolación no primeiro poso quedou Sergio Lourido (Independente) e en segunda posición Rafael López (Squah Club Santiago).

Na categoría feminina a campioa foi Xisela Aranda (Vigo Squash), que patrocina a firna Naffta, subcampioa Catuxa Codesido e terceira Inés Gómez (ambas as dúas do Squash Club Santiago). En consolación feminina, a primeira foi Sabela Rebollo (Squash Pontevedra) e na segunda posición Marta Domínguez (Vigo Squash).