Vitoria do Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales

Partido con moito ritmo nos seus primeiros minutos de xogo, con dous equipos que buscaban a vitoria, o que provocou que as dúas defensas tivesen traballo para evitar que nalgunha das chegadas subise o primeiro gol ao marcador. A pesar da intensidade de ambos os dous conxuntos, o marcador non se movía, e nin Roberto nin Marc tiveron demasiado traballo, e o pouco que houbo chegou en xogadas afastadas. O encontro foi un toma e daca.

A segunda parte comezou coa mellor ocasión do partido para o Rápido, cun libre indirecto dentro da área, á altura de punto de penalti, que Carnero estrelou na barreira. O Rápido saíu coa mesma intensidade, de aí o roubo de varios balóns que obrigaron aos coruñeses a esforzarse en defensa.

Aos quince minutos chega un balón a Carneiro dentro da área conseguindo o primeiro gol da noite. Un tanto que fixo espertar aos coruñeses, que a partir dese momento se envorcaron en ataque, permitindo as contras dos aurinegros. Tivo que ser nunha xogada a balón parado o único xeito que atopou o Deportivo B para empatar a dezaseis minutos para o final.

2 – Rápido de Bouzas: Roberto, Marcos, Kiko, Portas, Cotilla, Rubén, Pablo (Villa, minuto 90), Fidi, Carnero, Chema e Pardavila (Carlos, minuto 92).

1 – Deportivo B: Marc, Vela, Uxío, Rober, Adrián, Sidi, Lemos, Teles, Luis, Romay e Víctor (Cano, minuto 67).

Goles: 1-0, minuto 61: Pablo Carnero. 1-1, minuto 74: Luis. 2-1, minuto 80: Kiko Insa. Árbitro: García Villaverde, auxiliado por Martínez Míguez e Caruncho Paz. Amoestou a Pablo, Insa, Fidi e Cotilla polo Rápido e a Lemos, Rober, Adrián e Luis polo Deportivo B.

Incidencias: Encontro disputado no Baltasar Pujales de Bouzas, que rexistrou unha boa entrada.