O Rápido de Bouzas máis cerca da permanencia

Bo partido o disputado no Baltasar Pujales, na tarde do sábado, cun vitoria que coloca aos aurinegros con corenta e tres puntos e coa permanencia practicamente na palma da man. O partido foi moi movido xa que non puido comezar con maior actividade co tanto de Diego Rey, aos dous minutos de xogo. O Rápido veuse arriba e buscou o tanto de ala igualada. A presión dos vigueses deu o seu resultado quince minutos máis tarde cando Óscar Pardavila consegue empatar o encontro de cabeza.

A segunda parte gañou en ritmo e a volta de Jacobo aos terreos de xogo, non a puido celebrar de mellor forma, ao conseguir o tanto que sería o de la vitoria. Tras o tanto o partido animouse moito máis para os vigueses, que dispuxeron de ata tres claras ocasións para ampliar a vantaxe no marcador.

O peor do encontro foi as lesións de Chema e Agujetas, que tiveron que abandonar o terreo de xogo.

2 - Rápido de Bouzas: Roberto, Marcos, Cotilla, Portas, Maniotas (Vina, minuto 64), Rubén, Pablo (Jacobo, minuto 62), Chema (Xosé, minuto 50), Carneiro, Diz e Pardavila.

1 - Somozas: Paco, Ayala, Suso (Nando, minuto 79), Alex Bao, Fiuza, David Franch, Emilio, Jesu (Edi, minuto 70), Rubén (Carlos, minuto 70), Denís e Diego Rey.

Goles: 0-1, minuto 2: David Rey. 1-1, minuto 16: Pardavila. 2-1, minuto 72: Jacobo. Árbitro: Loira Rodríguez, auxiliado por Pontevedra Rivero e Leirós Rodríguez. Amoestou a Agujeta e Carneiro polo Rápido de Bouzas e a David Franch e Rubén polo Somozas. Incidencias: Encontro disputado no Baltasar Pujales de Bouzas, que rexistrou unha boa entrada.