O Halcones campión senior do torneo internacional de Bembribe

Gran Torneo de béisbol viviuse esta fin de semana en Bembrive onde os Halcones gañaron os seus dous encontros contra o equipo portugués dos White Sharks, dous partidos moi pelexados por ambos os dous equipos e que finalizaron co resultado de 2 a 0 no primeiro xogo e por 6 a 4 no segundo.

Destacar notablemente o equipo dos White Sharks que demostraron ser un exemplo a seguir dentro e fóra do campo e dende aquí desexamos que lles vaia moi ben no seu Torneo Europeo.

Bo traballo de Marcos Trillo, no montículo no primeiro encontro, e a Rafael Marte, no segundo, malia un empece un pouco descontrolado soubo sobreponerese á situación e sacar o partido adiante.

O equipo estaba case ao completo agás o catcher Jorge Castañeda.

O próximo día 27 xogarán os seus dous últimos partidos de pretempada antes de empezar a liga Nacional, os partidos serán contra o equipo da Coruña del Druidas B.C., equipo que sempre pon as cousas moi complicadas aos Halcones.