A golpe de pedal celebra esta fin de semana o Día Mundial da bicicleta

Este fin de semana celebraranse, con motivo do día mundial da bicicleta, diversas actividades pola cidade organizado pola asociación "A golpe de pedal". O sábado, no contorno do Monte do Castro, levaráse a cabo un circuíto de educación vial e de habilidade, consellos para deixar os ruedines, talleres mecánicos, a posibilidade de probar un tándem de A ONCE ou unha bicicleta eléctrica e Freestyle. Posiblemente haberá hinchables.

O domingo, terá lugar unha saída e marcha popular pola cidade co seguinte percorrido: Porta do Sol - López Mora - Praza América - Avda. Castelao - Rúa Ricardo Mella- Muíños - Samil - Avda. Atlántida - Bouzas - Avda. Beiramar - Praza de Compostela - Rúa Areal - Isaac Peral - Policarpo Sanz - García Barbón - Porta Sol, cunha distancia de 19 kms.

Para calquera dúbida o correo da asociación é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Todas as actividades son gratuitas e para toda a veciñanza.

Para a marcha popular do domingo hai que inscribirse, ben nas tendas que aparecen no díptico, ou na páxina web www.agdpvigo.net da asociación.

Díptico (3.52 MB)