O Vigo 2015, campión galego de futbol sala dá liga autonómica xuvenil

vigo_2015_campion_galego_xuvenil_2013 O E.D. Vigo 2015 proclamouse, esta fin de semana, Campeón do Liga Autonómica Galega ao vencer en Coruña ao Ventorrillo por 2-5. Abondáballe un só punto, ao equipo dirixido por Lucas Fernández, para conseguir o título. O seu máximo rival, o Hercules Coruña, conseguiu vencer ao Santiago Futsal B na última xornada e meterlle presión aos vigueses.

Agora o equipo disputará o Campionato de España os días 21,22 e 23 de xuño en León, xunto aos campións autonómicos doutras comunidades.

Ademais con este título o equipo vigués ascende, por meritos propios, á Liga Nacional Xuvenil a próxima tempada.

Tres xogadores á selección galega

Deste equipo, tres dos seus compoñentes Manu, Modes e Tomy, disputarán esta fin de semana o Campionato de España coa Selección Galega Xuvenil en O Carballiño.