Noveno posto para os Halcones no Campionato de España infantil

Infantil_Halcones_2013 Dúas vitorias e dúas derrotas conseguiron os pequenos do Club Halcones de Vigo no Campionato de España infantil, celebrado en Rivas Madrid. Dúas derrotas, pola mínima, na fase de grupos fixeron que o equipo vigués non optase por unha mellor posición final.

 

No primeiro encontro contra o Sant Boi, flamante Campión do Torneo con ningunha derrota, os Halcones puxeron moi difíciles as cousas ao equipo Barcelonés, onde o brillante pitcheo por parte de Pablo, Dairon e Raúl, complicou a vida aos bateadores do Sant Boi e cun pouco efectividade, á defensiva, o resultado sería outro. Destacar o Grand Slam de Fernando Gell no 5º inning e a Samuel Ramil no bateo. O resultado final foi de 8 a 5 e foi único equipo de anotar 5 carreiras ao campión.

No segundo encontro vital, para a clasificación dos vigueses, enfrontábase coa escola municipal de Madrid, todo empezou de cara para os Halcones, onde na primeira entrada xa se gañaba por 4 a 0, pero unha serie de despropósitos, o esgotamento do partido anterior, o descontrol dos lanzadores de principio a fin, fixo que perdese por 11 a 10.